O próximo 1 de xuño, o concello de Pontevedra contará cun novo sistema de transporte urbano. Dúas liñas circulares percorrerán a cidade. Terán dous itinerarios diferentes que permitirán mellorar este servizo, grazas a un convenio subscrito entre concello e Xunta.
A primeira destas liñas será a que percorra o trazado Monteporreiro-Xunqueira-estación de autobuses/ferrocarril. Será a coñecida como liña 1 ou "liña verde" e arrincará da estación de autobuses. A "liña azul" ou liña 2 unirá Monte Porreiro-Montecelo-Praza de Galicia, terá inicio e final no intercambiador da Praza de Galicia. Cada unha das dúas liñas terá unha frecuencia de media hora.
Son só algunhas de novidades que a nova rede de transporte público de Pontevedra, que ve a luz grazas a un acuerdo entre a administración local e autonómica.