Cambados xa dispón dunha nova remesa de composteiros que vai distribuír no municipio. Esta partida ascende a 400. Repartiranse previa solicitude que se pode formalizar na web municipal. De momento, hai pendentes de atender setenta solicitudes pendentes da anterior fase deste programa.
As persoas que reciban o contedor recibirán unha formación por parte de persoal municipal respecto ao uso adecuado destes recipientes e transformar a materia orgánica en compost. Ademais, quen participe nesta iniciativa municipal recibirán trinta @estrella que poderán utilizar para realizar compras no comercio local ou recibir descontos en servizos municipais.
O colectivo ambientalista Tropa Verde é o encargado de xestionar as diferentes fases do plan de compostaxe que chegou ao municipio para quedar.
O concelleiro de Servizos, Samuel Lago, adiantou que ao programa de distribución de composteiros individuais sumaráselle, proximamente, a instalación de centros comunitarios no concello.