Recuperación económica

Barro impulsa unha campaña para reflotar a hostalería e as adegas do concello

O alcalde Xose Manuel Abraldes recoñece que esta iniciativa persigue incentivar o consumo de viño local, con prezos moi asequibles, nos establecemos do municipio.

Redacción

Pontevedra | 10.06.2021 15:03

A promoción do sector da viticultura e a hostalería como método para recuperar a actividade é un dos propósitos do concello de Barro. Esta próxima fin de semana desenvólvese a campaña ‘Brindemos polo noso viño’. Esta acción supoñe poñer en valor e facer visibles tanto das adegas como os establecementos de hostalería.

Xose Manuel Abraldes, alcalde de Barro, explica que esta proposta forma parte dunha interesante estratexia que descubrimos co alcalde de Barro. Para este municipio se trata de dous sectores moi relevantes.

Según o rexedor, tras máis dun ano de pandemia, o estado de saúde é moi delicado. "Ambos sectores sufriron as severas consecuencias do paron obrigado da actividade".

A campaña de promoción estará vixente todo o mes de xuño: escomenza o día 11 e remata o 27.