Pontevedra en la Onda (30/10/12)
A polémica polos proxectos para construir tanatorios/crematorios en Pontevedra centran a nosa atención no inicio do programa, un tema que tamén nos leva ata o pleno da corporaciónn municipal no que se debate unha moción do PSOE sobre este asunto. Conversamos co secretario comarcal da UXT, Ramón Vidal, que nos presenta un estudo sobre os ERES presentados na comarca no que vai de ano. Saimos descubrir a cidade para percorrer o casco histórico e analizar as súas necesidade de rehabilitación. E como cada martes, rematamos o programa rendíndonos ao pracer da literatura da man de CRONOPIOS e Adriana Otero.