Pontevedra en la Onda (29/06/12)
A disolución do patronato do Museo de Pontevedra é un dos puntos da orde do día do pleno da Deputación que centran a nosa atención. Ademáis, ao longo do programa chega un dos anuncios do día: a selección española de fútbol xogará en Pasarón o 7 de setembro! Repasamos, como cada venres, toda a actualidade da semana e entrevistamos á escritora Carla Montero que estivo na nosa cidade presentando "La tabla esmeralda". Tamén nos imos de ruta gastronómica a Arcade e marcamos a axenda cultural con toda a programación desta fin de semana, como por exemplo a Festa da Anguía de Pontesampaio. Para completar o tempo de programación local, Juan de Sola nos conta as Noticias de Pontevedra en formato informativo