Pontevedra en la Onda (25/02/13)
Comezamos a semana coas reaccións á decisión da Xunta de alegar contra a reforma da Administración Local na que traballa o goberno central, e reaccións desde o goberno local de Pontevedra ás críticas do PP por renunciar á tramitación dun novo PXOM. O convidado do noso almorzo informativo é o alcalde de Caldas, o socialista Juan Manuel Rey. A Rúa Responde sobre as praias das Rías Baixas, despois de que A Lanzada se situe entre as 7 mellores de España segundo os usuarios de Tripadvisor. E como cada luns analizamos a actualidade deportiva con Rubén Rey.