Pontevedra en la Onda (24/03/14)
Comezamos a semana lembrando a figura de Adolfo Suárez a través das palabras de Fernando Ónega, quen fora o seu "escribidor" durante a presidencia na Transición. No tempo da entrevista conversamos co único candidato a reitor da Universidade de Vigo nas eleccións do 1 de abril, Salustiano Mato. Repasamos a actualidade do deporte local con Rubén Rey e como cada luns despedímonos con "Cántamo... en galego!" e a música de Carlos Pereiro