Pontevedra en la Onda (22/01/14)
Comezamos falando do redondeo á alza aplicado pola empresa Audasa na AP-9, un tema que chega ao Congreso dos Deputados a través dunha iniciativa parlamentaria presentada polo PSOE. No tempo da entrevista conversamos co secretario xeral de ANFACO, Juan Manuel Vieites, horas antes da reunión que esta tarde mantén o sector coa Xunta para analizar os metódos de avaliación de toxinas nas nosas rías. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS de Pontevedra para coñecer as novidades universitarias, e rematamos falando en materia de COOPERACIÓN & SOLIDARIEDADE co refuxio de animais de Cambados