Pontevedra en la Onda (20/05/13)
Reanudamos a normalidade analizando as novas políticas como o anuncio do nacionalista, Miguel Anxo Fernández Lores, de presentar a sua candidatura nas vindeiras eleccións municipais. Neste sentido, buscamos na nosa sección da 'Rúa Responde' as opinións dos cidadans sobre a continuidade de Ence na parroquia de Lourizán, en Pontevedra. Nos almorzos informativos, mantivemos unha entrevista co alcalde de A Lama Jorge Canda, e analizamos os temas de actualidade do concello. Tamén, mostramos a máxima atención na celebración do xuicio pola futura continuidade dos cines en Vialia. E, no tramo final do programa, fixemos o noso habitual recuncho para repasar os últimos acontecementos deportivos e informativos.