Pontevedra en la Onda (17/09/12)
Neste luns abordamos a actualidade local,centrandonos na denuncia que o PP presentou contra o alcalde de Pontevedra por unha reunion mantida a pasada semana con axentes sociais.Hoxe Lores responde a esta denuncia do PP.Ademais falamos da fórmula que atopou o goberno para pagar a extra de Nadal os seus funcionarios.Imos ata A Casa da Oliva para coñecer o seu mené executivo,saimos A RÚA da man de A DEVESA para coñecer que opina a xente sobre o plan de mobilidade.Tamen repasamos as novas as comarcas do Salnes,CaldasDeza-Tabeiros e Terras de Montes.Na entrevista de actualidade sentamos nas Terrazas da cafeteria San Francisco a Antonia Blanco,vicerreitora do Campus Universitario.No DIA A DIA,Genma Fernandez nos relata como se desenvolve un dia normal na súa vida.Para rematar,Ruben Rey nos conta as novidades deportivas.