Pontevedra en la Onda (14-01-2015)
As obras pendentes para mellorar a seguridade vial na estrada PO-308 centran a nosa atención no inicio do programa e a entrevista co alcalde de Poio, Luciano Sobral. Coñecemos os gañadores dos premios Cidade de Pontevedra 2015 e os argumentos do xurado. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS universitario para coñecer as novidades e falamos en materia de COOPERACIÓN&SOLIDARIEDADE, esta semana centrámonos nunha nova campaña da policía local pontevedresa