Pontevedra en la Onda (13/03/14)
A apertura de GandAgro en Semana Verde de Silleda e a resposta do Concello de Potevedra ás críticas dos propietarios de cans centran a nosa atención no inicio de programa. Como cada xoves abrimos tempo de TERTULIA: hoxe turno para os alcaldes de Cotobade, Bueu e A Illa de Arousa cos que falamos de servizos municipais e fórmulas de futuro para garantir a súa prestación aos cidadáns. Recuperamos a Sanni Cervià que nos visita para presentarnos unha nova TENDENCIA: a viñeta a través de redes sociais e plataformas como Tumblr e Wombastic. Coñecemos a Dina Mita, personaxe creado pola artista Ticina Ghiglione