Pontevedra en la Onda (12/02/13) Programa especial de Entroido de Cobres (Vilaboa)
Este martes de entroido estamos en directo en Vilaboa para descubrir as singularidades do Entroido de Cobres, declarado de interese turístico galego. Trasladamos o noso estudio de radio ao restaurante LAUREL no fermoso Porto Deportivo de San Adrián de Cobres, e desde alí conversamos con todos os protagonistas do entroido; as madamas, os galáns, o predicador... e coñecemos en qué consiste a tradicional corrida do galo co concelleiro de Cultura, Tomás Boullosa. Tamén entrevistamos ao alcalde, Jose Luis Poceiro, para interesarnos pola repercusión que ten para Vilaboa a celebración deste singular entroido. Rematamos o programa sendo fieis á nosa cita dos martes coa mellor literatura da man da librería CRONOPIOS