Pontevedra en la Onda (04/04/13)
Dous conflitos sociais e económicos centran hoxe o programa: as preferentes e os desafiuzamentos. Daremos voz ás plataformas de afectados do Salnés e do Morrazo, e conversaremos tamén coa concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Carme Fouces, para coñecer como funciona a oficina de asesoramento legal en materia de vivenda que desde novembro atende aos afectados na Casa Azul. A Rúa Responde sobre a imputación histórica da Infanta Cristina. Saimos descubrir a cidade para coñecer as conexións pontevedresas dunha banda galega universal como é Milladoiro. E concluimos falando de igualdade para reflexionar en torno aos últimos datos do Observatorio Español contra a Violencia Doméstica e de Xénero