Pontevedra en la Onda (01/02/13)
Como cada venres temos citas obrigadas no programa: co repaso pola actualidade da semana e coa AXENDA cultural e de ocio para contarlles todo o que poden facer esta fin de semana. A Rúa Responde sobre o escándalo Bárcenas e os supostos cobros en "B" dunha parte da cúpula do PP. No tempo da entrevista coñecemos que é o TDAH e un novo proxecto pioneiro en Galicia para mellorar os seus síntomas. Saimos DESCUBRIR A CIDADE da man da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, que en FITUR explica as bondades do seu concello.