PROGRAMA COMPLETOMás de Uno Pontevedra 24/10/2022
Iniciamos a semana repasando as incidencias do primeiro temporal do outono e pendentes do pleno da corporación municipal de Pontevedra. Na sesión deste luns aprobouse o PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible), cos votos a favor dos grupos políticos do goberno: BNG-PSdeG. Tamén, en tempo de actualidade, analizamos as últimas novas do concello de Pontecaldelas; conversamos co seu alcalde Andrés Diaz. Dedicamos tempo a iniciativas da CEP no fomento da Igualdade e coñecemos os novos prazos de matriculación para inscribirse na oferta académica da UNED, institución que estará presenta nunha nova edición de Edugal. Falamos co seu director.
Visitamos Vilagarcia para coñecer máis do espectacular programa do Festival de Curtas. E, como cada luns, compartimos música e talento no espacio 'Cántamo en Galego'.
Redacción
Pontevedra | 24.10.2022 14:22