Máxima expectación no interior da provincia pola celebración dunha nova edición de "Rodeiro de Tapas: Sabor de Outono”. Do 15 ao 17 de novembro chega o municipio de Rodeiro unha cita moi agarada.
'Rodeiro de Tapas: Sabor de Outono' é unha iniciativa organizada pola concellería de Cultura, Turismo, Patrimonio, Comercio do concello de Rodeiro. Unha proposta que, como noutras ocasións, a principal protagonista son as tapas elaboradas con produtos locais de tempada.
Os participantes poderán gozar dunha gran variedade de tapas por un prezo de 2,50 euros cada unha. Ademais, o evento incluirá unha votación para elixir a mellor tapa, fomentando a participación e o goce dos asistentes.
(Escoita a entrevista íntegra con Alberte Lamazares, tenente alcalde do concello de Rodeiro).