Manuel Rivas: "A India está en moitas partes"
"Desandamos" os pasos de Vicente Ferrer na India guiados por Manuel Rivas para entender cómo e por qué o distrito de Anantapur deixou de ser unha zona desértica condenada a desaparecer para convertirse nun territorio de anticipación e esperanza. O escritor e xornalista galego compartíu con nós e cos seus lectores a súa experiencia na India de Ferrer recollida nun fermoso libro cuxos dereitos de autor son cedidos por Rivas para a Fundación Vicente Ferrer. Un relato envolto en poesía que nos presenta a un Ferrer con moito sentido do humor, valente para defender aos outros e non para dominalos, revolucionario e anticipado ao seu tempo, á vez que descubrimos unha India da que os países con "moito PIB e pouca vergonza" teñen moito que aprender.