LUIS BARÁ NON SE SINTE "INVADIDO" POR LOURO
O concelleiro responsable de accesibilidade e patrimonio histórico cre que está ben definida a división de competencias entre BNG e PSOE en materia de obras urbanas, por iso nega que exista invasión de competencias entre a súa concellería e a do socialista Antón Louro. Con Bará percorremos esta semana o centro histórico de Pontevedra para analizar obras moi agardadas como as que se están acometendo na Praza de Valentín García Escudero e que rematarán en outubro coa construción dun parque infantil. Tamén repasamos con Luís Bará os plans para peonalizar a céntrica Benito Corbal a partir do mes de setembro