MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Iván Puentes: “O Plan de Sostibilidade Turística de Pontevedra financiarase con fondos europeos”

O Plan de Sostibilidade Turística deseñado conxuntamente polas concellerías de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e de Promoción Económica e Turismo logrou ser elixido entre os 9 proxectos consensuados e aprobados polo Goberno central e a Xunta para incluírse dentro dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) que se desenvolverán en Galicia ao amparo do Plan Territorial Litoral. Conversamos co concelleiro socialista Iván Puentes sobre os proxectos previstos para a cidade de Pontevedra.

Redacción

Pontevedra | 25.11.2021 14:28

Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección en "Máis de Un Pontevedra" con Susana Pedreira.