O Entroido non é so cousa do inverno. Interesante iniciativa no concello de Vilaboa. ‘Encontro de Entroidos’ este próximo 9 de xullo na Casa da Cultura de Riomaior. A IV Edición, organizada pola Asociación Cultural de Cobres, conserva a mesma filosofía de concentrar a comparsas e colectivos de diferentes localidades galegas e Portugal onde celébrase un Entroido: Salceda, Cartelle, Viana do Bolo (Portugal), Ourense ou Vilaboa.
(Coñecemos máis detalles con Lidia Peleteiro, portavoz da Asociación Cultural de Cobres).