O goberno local de Meaño ultima os preparativos da da XXI Festa do Viño que este ano tomará a testemuña do antigo Encontro co Viño de Autor para ofrecer unha versión máis profesionalizada, coa participación dunha veintena de adegas asentadas no municipio e cunha produción conxunta que arroxa cifras que evidencian o peso da viticultura no municipio.
Desde o venres 15 pola noite ata o domingo 17 a Praza do Concello de Meaño convertirase nun escaparate ideal para coñecer as singularidade dos viños que nacen das terras de Meaño.
(Entrevista íntegra a Carlos Vieitez, alcalde de Meaño).