A última e marchamos Ana Cabaleiro: “Viaxar permite conectar con outros mundos, o meu soño sería vivir viaxando”
Hoxe tomamos a última coa xornalista e escritora Ana Cabaleiro. Esta tarde de venres presenta na Librería Paz de Pontevedra a súa última novela: “Xa vemos palmeiras", a historia dunha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.
Redacción
Pontevedra | 26.10.2023 14:26