Alfredo Conde: "A Igrexa deixou de ser un poder fáctico pero a súa influencia é innegable"
O comisario Salorio ten un novo crime que resolver en Santiago de Compostela, unha trama que utiliza o escritor Alfredo Conde para reflexionar en torno ao "submundo catedralicio", o poder de destrucción da prensa e os crimes sen resolver que ao longo da historia veñen amosar que a xustiza non é infalible e que a gravidade do pecado depende de quen sexa o pecador. En torno á nova novela de Alfredo Conde publicada en Xerais mantemos unha conversa moi reflexiva na que non falta o sentido do humor e as confesións persoais: a soidade persegue ao escritor, como ao mariño mercante que Alfredo Conde foi no pasado. E a entrevista tamén nos deixa unha promesa, a terceira entrega para o comisario Salorio na que tal vez Alfredo Conde se anime a desvelarnos a quen ama o policía, aínda que antes desacansará deste xénero para publicar novo libro sobre a vida dun emigrante galego en México na época de Hernán Cortés.