Hai concellos afanados en revitalizar a economía do seu municipio. É o caso de Vilagarcia que centra todos os seus esforzos en reflotar actividades mergulladas nunha incerteza absoluta. O goberno municipal segue deseñando plans, iniciativas e outras serie de accións específicas para recuperar, a toda máquina, a aqueles sectores que estean a sufrir os efectos dunha crise sanitaria que derivou nunha crise económica.
As últimas políticas económicas do goberno local se centran no plan Invest In, Plan de pagamento personalizado e Son da Casa. Co obxectivo de coñecer as últimas novidades en Vilagarcia conversamos con Alberto Varela, alcalde de Vilagarcia.