A última e marchamos

A falta de concertos... tomamos a última no rastro da Karma

Conversamos co propietario da Karma, Marcos Rivas, cando se vai cumprir un ano do peche dunha das salas máis emblemáticas de Galicia. Mentres non poida recuperar o ocio nocturno e os concertos en directo, subsiste no número 1 da Rúa Nova cun rastro.

Redacción

Pontevedra | 04.02.2021 17:13

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Marcos Rivas e a súa Sala Karma. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".