Ourense | 23.09.2024 15:54
A Xunta de Galicia reforza as conexión entre O Barco de Valdeorras e Ourense e entre a capital valdeorresa e Trives.
O delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo anunciou que se incrementa a oferta actual con dous novos servizos; tanto de ida como de volta, engadindo que o obxectivo é o de facilitar os desprazamentos das persoas usuarias entre estas localidades coa incorporación dunha nova parada nas liñas existentes, revisando así o que había dende o pasado 16 de setembro.