Cultura

Voltan as Xornadas Internacionais do Folklore do 12 ó 21 de agosto

Participan 173 artistas procedentes de 4 continentes

Paco Sarria

Ourense |

Voltan as Xornadas Internacionais do Folklore do 12 ó 21 de agosto | onda cero ourense

As XXXIX Xornadas Internacionais do Folklore voltan a encher o mes de agosto de danza e música procedente de 4 continentes. Entre os días 12 e 21 de agosto, os 173 integrantes dos grupos procedentes de Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán percorrerán os diferentes escenarios da provincia estando previstas actuacións en Ourense. O Barco de Valdeorras, Celanova, Maceda, Verín, Entrimo, Viana do Bolo, A Rúa, Allariz, Trives, Carballiño, Castro Caldelas, Xinzo de Limia, Manzaneda, Bande e Ribadavia.

A iniciativa leva desenvolvéndose en Ourense dende 1984.

A ceremonia inaugural terá lugar no Teatro Principal o próximo 12 de agosto e o remate, con tódolos grupos, o día 21 no auditorio do Castelo dos Sarmiento de Ribadavia.