Soamente os casos complexos seran derivados a Vigo
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, confirmou en Onda Cero o replantexamento do servicio de ciruxía pediátrica, que asumirá intervencións de areas limítrofes de Pontevedra e Lugo. No Ourense na Onda asegurou que coa actual equipa pode asumirse mais dun 90 % dos casos e que soamente os mais graves sería derivados para unha mellor atención. Asemade, Martínez confirmou o comezo dos traballos previos ó arranque das obras da nova depuradora de augas residuais de Ourense, que ten unha previsión de servicio que superará os 300 mil habitantes.