A Asociación para o progreso do Ribeiro, na que se integran Psoe e Bng formalizou onte escritos de acusación contra o ex alcalde de Arnoia e delegado da Xunta, Rogelio Martínez para quen piden penas de ate 17 anos de cadea polos presuntos delictos de falsedade en documento público, fraude en subvencions europeas, malversación de fondos públicos e prevaricación. A denuncia ten a sua orixe na xestión de fondos do plan leader II na etapa na que Martínez era alcalde de Arnoia e solicitara co colectivo CEIVAM axudas para unha planta de biomasa e talleres artesáns que supostamente non chegaron a realizarse.