A piscina infantil de Oira permanecerá pechada para a avaliación e resolución de problemas técnicos

Mentres, o Consello Municipal de Deportes instalou un inchable para os cativos.

ondacero.es

Ourense | 13.06.2014 12:52

A piscina infantil de Oira, recentemente remodelada e mellorada, permanecerá desde este sábado pechada ao acceso dos nenos e nenas.

O motivo é a avaliación e análise da piscina por parte dos técnicos, para atopar unha solución a un problema técnico derivado dun dos produtos empregados na nova instalación, en cumprimento da normativa sanitaria vixente.O resto das instalacións das piscinas públicas e gratuítas manterán os seus servizos habituais, en horario de 11 a 21 horas.

Mentres se traballa en resolver a situación, o Consello Municipal de Deportes incluíu inchables para desfrute dos cativos que visiten as piscinas coas súas familias.