Ourense |
O grupo municipal socialista no Concello de Ourense reclama a creación de espazos axeitados para cans e que se elabore un censo de animáis, xunto con campañas de sensibilización para a vacinación e a esterilización.
A proposta nace tras unha entrevista coa Asociación Cultural e Deportiva de Propietarios de Mascotas de Ourense que reclama unha mellor convivencia e respeto.
A edil Alba Iglesias sostén que son necesarias medidas para mellorar a saúde animal e para contribuir a reducir o abandono que son problemas asociados á sobrepoboación.