O PP pide a AGADER que comprobe as inversións na "ruta termal do Miño"

O grupo municipal do PP no concello de Ourense presentou un escrito ante a Axencia Galega de desenvolvemento rural para que analice o expedente relativo ao proxecto da ruta termal do miño no que se investiron 376.000 euros dos que o 70% eran fondos europeos do plan LEADER.

ondacero.es

Ourense | 12.11.2013 07:48

ruta termal untes | onda cero

O grupo municipal do PP no concello de Ourense presentou un escrito ante a axencia galega de desenvolvemento rural para que analice o expedente relativo ao proxecto da "ruta termal do Miño" no que se investiron 376.000 euros dos que o 70% eran fondos europeos do plan LEADERR. Dende o PP consideran que debe analizarse o convenio suscrito ca asociación Valmiño na etapa na que Demetrio Espinosa era edil de medio ambiente e que debe terse en conta que o Concello de Ourense xa foi condeado por "ocupación ilegal" duns terreos. Os populares afirman que dan este paso tras solicitar explicacións públicas o pasado mes de marzo que non tiveron unha aclaración do goberno socialista.