Cooperación

Volve Aimentes o programa educativo de Gadis sobre hábitos saludables

As catro áreas temáticas que se traballan de forma transversal son: alimentación saudable, desenvolvemento local e produción sostible, consumo responsable e desperdicio alimentario.

Óscar Gómez

Ourense | 14.12.2023 08:17

Volve Aimentes o programa educativo de Gadis sobre hábitos saludables | gadis

Supermercados Gadis pon en marcha un novo curso de Alimentes Dixital, o seu programa orientado a inculcar hábitos saudables desde a infancia, contando coa implicación da comunidade educativa de Galicia e Castela e León. Unha nova edición na que aspira a repetir o éxito de participación do curso pasado, no que 28.000 nenas e nenos de 442 colexios de ambas comunidades autónomas finalizaron o itinerario do plan.

O propósito de Gadis é continuar afianzando Alimentes Dixital como un recurso educativo eficaz para complementar os coñecementos que se imparten nas aulas. As catro áreas temáticas nas que se divide traballan de forma transversal conceptos relacionados coas Ciencias Naturais e Sociais: alimentación saudable, desenvolvemento local e produción sostible, consumo responsable e desperdicio alimentario.

Os contidos están adaptados ao currículo oficial da 2ª etapa de Educación Infantil e Educación Primaria de Galicia e Castela e León e ofrécense en formato texto, vídeos e fichas interactivas, baseados na cadea dos alimentos de Gadis desde as súas orixes. Unha viaxe virtual a través de 12 unidades: lonxa, agro, gandería, almacéns, chegada á tenda, froitería, peixaría, lineal, caixas, fogares, reciclaxe e separación de residuos. Ademais, como novidade, hai unha unidade didáctica do Prato Alimentes, na que se explican as porcións e as categorías adecuadas dos alimentos, segundo o indicado no Prato de Harvard, para un menú equilibrado. As inscricións xa poden realizarse en https://www.gadis.es/saludable/alimentes-digital/ 

Experiencias enriquecedoras: visitas aos supermercados

As visitas aos supermercados para poñer en práctica o aprendido nas aulas e na plataforma interactiva resultan moi enriquecedoras para os estudantes, que percorren, principalmente, as seccións de produto fresco: peixaría, froitería, carnizaría, ademáis das seccións dos lácteos e conservas. Gadis fai especial fincapé nestes espazos para reforzar a mensaxe de que os produtos de proximidade e de tempada son máis sostibles e saudables. Para facilitar a xestión das visitas presenciais, habilitouse un calendario dixital, dentro da propia plataforma, para que os profesores poidan reservar día e hora.

Obxectivos e premios

A cadea de supermercados persegue varios obxectivos, entre os que destaca mellorar a comprensión sobre a importancia de levar unha alimentación saudable e unha vida activa, así como evitar o desperdicio alimentario, e coñecer a orixe e proceso de produción dos alimentos. Tamén quere axudar a xerar unha comunidade educativa comprometida coa sensibilización no coidado da saúde de nenas e nenos e do planeta; así como adaptarse a unha nova etapa dixital. Para incentivar que se finalice o itinerario interactivo, Gadis premiará a quen o complete cun kit de Prato Alimentes. Ademais, sorteará 5 packs de tablets entre todos os centros educativos.

Más de dúas décadas de apoio á educación

Plantar a semente do cambio na infancia cara a hábitos máis saudables e sostibles na contorna educativa e familiar é un dos compromisos de Gadis, que leva máis de dúas décadas apoiando unha educación de calidade desenvolvendo diferentes programas, que se foron axustando a como evolucionou a sociedade.