Ourense | 18.09.2024 13:09
Noelia Pérez repasou en Onda Cero as partidas nas que Pérez Jácome pretende que a oposición lle aprobe modificacións de creto sinalando que poñen de manifesto que hai obras sen pagar, proxectos de mobilidade vertical sen pagar e outros proxectos na mesma situación consecuencia de que o goberno de Democracia Ourensana non sexa quen de aprobar uns orzamentos.
A concelleira popular repasou tamén outros asuntos de actualidade como a falla de información sobre o accidente do coche do edil de infraestructuras ou sobre o aparcamento indebido dun coche usado pola concelleira Noa Rouco para marchas de vacacións a Marrocos co tamén edil Antonio Fernández.