Humanización e embelecemento do contorno de Cachamuíña
Luis Menor remarca a importancia dunha obra “completamente necesaria” e agradece a colaboración da Deputación para “detectar as necesidades dos veciños e atender as nosas propostas”
A Deputación de Ourense vén de completar as obras de humanización e embelecemento do contorno do encoro de Cachamuíña, a segunda fase dun proxecto impulsado polo goberno provincial que xa permitiu inaugurar en xaneiro deste ano a nova zona de aparcadoiro, ao carón da estrada provincial OU-508.
O proxecto permite avanzar na recuperación de espazos en desuso ou degradados para acondicionalos e seguir avanzando na resposta á crecente afluencia de ourensáns que achéganse ata esta área natural do Pereiro. Despois do aparcadoiro, co que triplicouse o espazo dispoñible para aparcar, sumando 64 prazas -6 para persoas con discapacidade- esta obra supón mellorar as conexións do contorno do encoro.
Manuel Baltar amosa a súa satisfacción por este “novo exercicio de cooperación, entre a Deputación, o Concello do Pereiro e os veciños propietarios destes terreos para poñer este espazo á disposición de todos os visitantes, humanizando e embelecendo o contorno do encoro despois de inaugurar o aparcadoiro”.
“Con este proxecto facilitamos que este pulmón de Ourense, este entorno máxico, sexa accesible para todos os visitantes para que poidan desfrutar dun lugar de absoluta referencia de natureza, saúde, deporte e lecer”, remarca Manuel Baltar, que valorou a “capacidade propositiva” de Luis Menor, “auténtico impulsor do aproveitamento deste encoro. En Pereiro hai un antes e un despois, e iso chámase visión. E a visión, en política, son feitos”.
O presidente da Deputación tamén agradece a colaboración veciñal: “Temos que incidir na cooperación da comunidade de propietarios do monte comunal de A Chaira, todas as facilidades que nos proporcionan, a súa disposición e a súa xenerosidade”.
Unhas palabras de agradecemento ás que se suma Luis Menor: “É sobresaínte a visión de concello da comunidade de montes de A Chaira, por encima de calquera interese persoal, que nos permite chegar a realidades como esta, mellorando espazos que estaba degradados”.
Luis Menor: “Dotamos de novos servizos á contorna do encoro mentres melloramos o entorno e recuperamos espazos”
O rexedor de Pereiro de Aguiar reivindica a importancia dunha obra “completamente necesaria, coa que dotamos de novos servizos aos visitantes -co novo aparcadoiro- mentres melloramos o entorno do encorno e seguimos recuperando espazos”.
Luis Menor tamén agradece á Deputación, “xestora deste espazo de lecer, a capacidade e habilidade para detectar as necesidades dos veciños e atender as nosas propostas”, destacando a importancia da cooperación institucional para “seguir avanzando na dinamización do Pereiro, e na que é vital as liñas abertas de traballo co goberno provincial e a Xunta”.
Pola súa banda, o presidente da comunidade de montes de A Chaira, Emilio Pato, recoñece o traballo da Deputación e Concello: “Que vou a dicir tendo a este presidente e a este alcalde, que lle cedes un pedazo de terreo cheo de pedras e silvas e o converten nesta marabilla ao servizo do pobo. So podemos agradecer a gran colaboración que teñen co monte comunal de A Chaira”.