Gabriel Alén salienta a responsabilidade social dos orzamentos 2024
O delegado territorial destacou que os “Orzamentos para 2024, os máis altos da historia de Galicia, recollen solucións efectivas á nosa realidade, eminentemente rural, cunha poboación espallada e envellecida, onde as políticas sociais son necesarias e ineludibles”.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou o estado das obras de renovación das instalacións do Centro de protección de nenos e adolescentes da Carballeira, nas que a Consellería de Política Social e Xuventude está a investir 957.000 euros.
As obras están centradas na mellora do control térmico interior e a eficiencia enerxética do edificio. Máis polo miúdo, estase a traballar na substitución de todas as carpinterías exteriores; as ventás sinxelas cámbianse por dobre ventá; colócanse paneis tamiz nunha parte da fachada, para mitigar a incidencia do sol; tamén se está a aplicar un revestimento exterior; e farase unha reforma do acceso con novos elementos de iluminación.
Este proxecto fináncianse con cargo aos fondos europeos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – NextGeneration, que con outra partida dos mesmos fondos de 78.075,86 euros levouse a cabo a renovación da moblaxe e o equipamento do centro.
Os Orzamentos máis sociais
O delegado territorial aproveitou a súa estadía na Carballeira para por en valor os Orzamentos 24 en materia de política social. Gabriel Alén subliñou que se trata de “contas públicas que recollen solucións efectivas á nosa realidade, eminentemente rural, cunha poboación espallada e envellecida, onde as políticas sociais son necesarias e ineludibles”. “Polo que -mantivo o delegado territorial
son orzamentos máis altos da historia de Galicia
nestes orzamentos garántese a reforma e a construción de infraestruturas sanitarias nos centros de saúde e hospitais de Ourense, Verín e do Barco de Valdeorras, as melloras importantes nos centros educativos (estruturais, de eficiencia enerxética e mellora dixital), os novos recursos de conciliación no rural pioneiros en toda España como as Casas do Maior e Casas Niño implantadas maioritariamente na nosa provincia; ou tamén a gratuidade total das escolas infantís de 0 a 3 anos.
“Estamos a falar, -segundo e delegado territorial- dos orzamentos máis altos da historia de Galicia (13.257 M€; un 5% máis que o actual exercicio), con medidas de impulso para apoiar ás familias e as empresas, e fortalecer os servizos públicos; orzamentos que priorizan cada ano ás rendas medias e baixas e con colectivos prioritarios: os mozos e mozas menores de 36 anos; as familias numerosas; as persoas con discapacidade ou as vítimas de violencia de xénero”.
Como novidade, na declaración do IRPF do ano 2024 as familias con dous fillos xa poderán deducir 250€, dedución que ata agora tiñan as familias numerosas e que agora se duplica, ata os 500€. Ademais, por cada fillo a maiores, a partir de tres, esta dedución, incrementarase noutros 250€.
En canto ao Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP), o vindeiro ano rebáixase un punto o tipo xeral para a compra de inmobles usados (pasa do 9% ao 8%), que se suma a outro punto que xa se baixara no ano 2022; rebáixase máis da metade o ITP para a compra de vehículos usados (do 8 ao 3%), e elimínase o imposto para as compras de vehículos cualificados de ‘baixas emisións’.
Políticas sociais para as familias
Así pois, o delegado territorial subliñou que os Orzamentos de 2024 reforzan un ano máis tanto o gasto social tradicional (sanidade, educación e políticas sociais) como o gasto para o fomento do emprego. Así, estas contas inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 9.774M€ (1.234M€ máis que hai tres anos) para sanidade, ensino, políticas sociais e emprego; máis de 5.000M€ á sanidade pública, 2.858M€ ao ensino público, 1.303M€ a políticas sociais; a eles hai que engadir 448M€ para o emprego.
Gabriel Alén sinalou que estes orzamentos afondan nas políticas de conciliación pioneiras en toda España, como a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, que en Ourense cidade supón máis de 2,4 M€ (máis de 5,4 M€ en toda a provincia) as Casas do Maior e as Casas Niño, implantadas maioritariamente na nosa provincia; a atención aos nosos maiores con dependencia ou discapacidade, ou os 240.000 € para a posta en marcha do local para Punto de Encontro Familiar en Verín. Tamén se contemplan partidas de preto de 1M€ para o Centro de Menores de Montealegre e 870.000€ para a mellora das instalacións de Aspanas, que se suman aos preto de 3M€ para o remate das obras do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense, cuia apertura está prevista para mediados de ano.
Outra das medidas que quixo resaltar o representante do Goberno galego é a do bono coidado universal para persoas con dependencia atendidas no seu domicilio de 5.000€ ao ano; ou o complemento de 1.200€ para as persoas que reciban unha axuda para residencias privadas, e tamén o Carné +65, igual ca Tarxeta Benvida, con 3.000 € por fillo, e o recoñecemento automático do título de familia numerosa, que máis os galegos recibirán nas súas casas de oficio sen ter que facer ningún trámite, e co que se beneficiarán de descontos en comercios e servizos de toda Galicia, como sucede co Carné Xove.