O BNG demanda medidas para que a Limia non sexa declarada zona vulnerábel
Bernardo Varela afirma que agricultores e gandeiros son as vítimas, xunto aos reto da veciñanza, da inacción das Consellerías e administracións competentes, que deixan de lado á maior zona de produción agrogandeira do País.
O voceiro do grupo provincial do BNG na deputación de Ourense, Bernardo Varela, presenta ante o pleno provincial do vindeiro venres 28 de outubro a esixencia da adopción de medidas urxentes ante o problema de contaminación nas comarcas da Limia e a Baixa Limia e para evitarar a ameaza de declaración das mesmas como zona vulnerable.
O voceiro do BNG reclama en primeira instancia que a Xunta de Galiza a través da Consellería de Medio Rural faga público con carácter inmediato o “Plan estratéxico do sector Agrario da Limia” xa rematado en novembro de 2021, e que se implementen con carácter inmediato os fondos necesarios para escomenzar a executar as súas determinacións neste mesmo ano 2022. Tamén esixe que a Xunta faga público en que estado se atopa o expediente de declaración da Limia como “Zona Vulnerábel por nitratos” e que medidas ten tomado ata este instante para evitar esta declaración, si é que efectivamente ten tomado algunha. Así mesmo os nacionalistas tamén reclaman da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que como organismo da Conca do Río Limia emprenda as accións conducentes a minimizar a contaminación das augas e a mellora e optimización dos sistemas de regadío.
Desde o BNG afirman que non hai solucións máxicas e que calquer medida inicial debe pasar polas que xurdiron da Mesa da Limia, que aglutina diversos actores e que deu lugar a ao documento nomeado “Plan Estratéxico do Sector Agrario da Limia” que inclúe entre outras medidas: coordinación da Mesa da Limia, Plan de Formación para agricultores e gandeiros, Edición e distribución do Manual de Boas Prácticas e Recomendacións para o sector Agrogandeiro, Plan de Limpeza de canles, Plan de Regadío, creación de centros de tratamento dos xurros para o seu uso como abonos, medidas de minoración de usos de augas na limpeza das granxas porcinas, recuperación de espazos agrícolas abandonados na Comarca para aproveitamentos gandeiros extensivos, semiextensivos, e aproveitamentos agrícolas de cara á redución da dependencia de recursos foráneos para a alimentación animal ó tempo que se abonan estas parcelas cos biorresiduos xa optimizados en forma de compost, ademais da moratoria na creación e incremento de capacidade de novas explotacións intensivas na Comarca.
“Porén desde a Xunta continúan ignorando á maior zona de produción agrogandeira do País”, sinala Varela, deixandoa xa non só fora da da construción dunha planta de tratamento de puríns e plantas satélites, senon que tamén o desleixo do PP na xestión dos recursos destinados a esta zona ten provocacodo feitos como que os fondos Life Rexenera Limia, se executasen só nun 50%, o outro 50% volveu para a UE coa faltiña que facía; ou mentras os fondos europeos destinados a recuperar a calidade das augas do encoro das Cunchas fosen empregados en construír piscinas (650.000€), mentres para a recuperación ambiental se reservaron uns pírricos 30.000€.
Así a acción e inacción do PP, sinala o voceiro nacionalista, nos goberno galego tennos abocado á declaración da Limia e A Baixa Limia como zonas vulnerabeis por nitratos. “E sendo esto grave polas consecuencias económicas, non o é menos, que a contaminación das nosas augas e terras se esté a converter xa non nun problema medioambiental, senón nun problema de saúde pública que non podemos seguir deixando decorrer como senón fora un problema da comarca e do País.”