Na primeira xornada da folga de 48 horas convocada polos médicos contra os recortes según a xunta o seguemento en Ourense foi dun 15,28% e segun o sindicato Cesm houbo un seguemento "masivo" a nivel hospitalario. O responsable en Ourense do sindicato Cesm, Emilio Armada sinalou que se están a reducir as contratacións o que implica un deterioro da calidade asistencial. Ademáis cuestinou a nova figura das áreas de xestión clínica que entenden só conducirán á privatización do sistema público. Armada fixo un chamamento aos cidadáns para que respalden a manifestación que en Ourense convocaron CESM, OMEGA, CIG e CCOO para este martes ás oito da tarde con saída do pavillón dos remedios.
O alcalde socialista de Ourense, Agustín Fernández cree que a folga médica está xustificada polo grave deterioro que está a padecer a sanidade pública e mesmo pedía hoxe aos cidadáns que se sumen mañá á manifestación. O rexedor ourensá comparecia ca edil de benestar, Marga Martín para dar conta da declaración institucional que se remitirá á Xunta e que consideran conta co respaldo unánime de colectivos veciñais que denuncian o grave deterioro que está a sofrir a calidade na atención da sanidade publica. O grupo de goberno agarda que os grupos politicos suscriban nun pleno estas declaración