A fiscalía non acusará ao delegado da Xunta en Ourense

A fiscalía de Ourense non acusará ao delegado da Xunta en Ourense, Roxelio Martinez por entender que prescribiron as denuncias por presunta falsedade e malversación de fondos europeos na sua etapa de alcalde de Arnoia. Rogelio Martínez lembrou hoxe que non se sinte responsable de nengún delicto e que se alguén firmou unha certificación non foi él.

ondacero.es

Ourense | 17.10.2013 11:46

rogelio martinez | onda cero

A fiscalía de Ourense non acusará ao delegado da xunta en Ourense, Roxelio Martinez por entender que prescribiron as denuncias por presunta falsedade e malversación de fondos europeos na sua etapa de alcalde de Arnoia. Os denunciantes, a asociación polo progreso do ribeiro e bng atríbuian a Martinez unhas certificacións falsas de obras que presuntamente non se realizaron. Hoxe o delegado da Xunta non quixo valorar a decisión da fiscalía ainda que asegurou está na liña do que ven defendendo dende que comezou o proceso xudicial nos xulgados de Ribadavia. Martinez lembrou que o recurso que a sua defensa presentou pedindo o arquivo do caso tiña a sua base na prescripción dos presuntos delictos pero ademáis afirmou que do único que él se sentiría responsable é de dar unha orde de pago por uns certificados que él non firmou polo que entende tampouco tería responsabilidades penais.