A exposición pública do Plan de Urbanismo arranca con plante do PP que pide máis participación cidadá

Dende hoxe os ourensáns poderán consultar na sede do antigo Banco de España ou na web municipal o documento do novo plan xeral de urbanismo. Serán 3 meses de exposición con horario ao público

ondacero.es

Ourense | 28.11.2013 14:08

PXOM | onda cero

Dende hoxe os ourensáns poderan consultar na sede do antigo Banco de España ou na web Ourense.es o documento do novo plan xeral de urbanismo. Serán 3 meses de exposición nos que tamén se poderán facer alegacións que a edil de urbanismo, Aurea Soto agarda que cheguen "coma un tsunami" debido aos cambios introducidos na edificabilidade trala caída do anterior plan anulado pola xustiza. Soto volvia a defender a "calidade" do documento e resaltaba o esforzó "titánico" dos redactores e do gobernolocal para sacalo adiante e fixo un chamamento á sociedade ourensá para que colabore "pensando no interés xeral". Os populares pedironlle ao gobernó socialista que a exposición esté aberta ao público tamén en horario de tarde e sábados pola mañá. Por agora o horario previsto é de 9 a 14 horas de luns a venres. Onte o Pp renunciou a acudir ao acto inaugural da exposición acusando ao gobenro local de facer un “paripé” no dia previo á apertura ao publico e revindicando "máis participación cidadá tras meses de oscurantismo". Os populares arrancan hoxe na CEO unha rolda de encontros con diversos colectivos cidadás e empresariais para analizar o documento.