BNG e DO queren eleccións anticipadas no concello de Ourense

O Bng no Concello de Ourense solicitou un pleno extraordinario para propiciar a disolución da corporación e que se convoquen eleccions adiantadas. Democracia Ourensana asegura que apoiará ao BNG en esta petición malia sua "complicidade" co psoe.

ondacero.es

Ourense | 19.12.2013 08:46

Ximena González,Xosé Somoza e Susana García | Xesús Álvarez


O grupo municipal do Bng no Concello de Ourense solicitou un pleno extraordinario no que a corporación municipal respalde a petición de disolución da corporación e se convoquen eleccións adiantadas. Para os nacionalistas, o goberno en minoría do psoe perdeu a confianza total polas sucesivas crises internas e é momento de que a cidanía volva a decidir a través dos mecanismos legais oportunos. O voceiro do Bng, Xosé Somoza cee que os "escándalos políticos no concello están xerando alarma social"  e ainda que non están dispostos a darlle a alcaldía ao PP tampouco lle darían respaldo ao alcalde no caso dunha moción de confianza.

Democracia Ourensana tamén reclama eleccións anticipadas no Concello de Ourense por entender que se chegou a unha situación "caótica e límite" cun goberno salpicado pola "corrupción". Esta organización política remitiu un escrito ao consello de ministros do estado e á Xunta de Galicia.  O edil Gonzalo Jácome é exceptico pero cre que cumplen co seu deber.  Jácome asegura que está disposto a respaldar a petición do BNG porque eles a fixeron antes pero amosase critico cos nacionalistas aos que acusou de "ter moito morro porque ata agora son cómplices do goberno socialista".