Capítulo 4: "A travesía do Ourense pola terceira división"
O Ourense chegaba á terceira división despois de catro ascensos consecutivos. Os anos na terceira división convertéronse nunha auténtica montaña rusa de emocións
O Ourense chegaba ó lugar onde lle correspondería xogar ó seu antecesor (CD Ourense estaba en 2 B cando desapareceu pero un descenso administrativo descendiao á 3ª división).
Visitaría campos históricos como A Malata ou San Lázaro e no seu primeiro ano en terceira pasou ata marzo en postos de play off de ascenso, o soño parecía que continuaba pero non foi así. No último tercio de liga o equipo deu un baixón deportivo que impediu xogar ó play off de ascenso.
Os anos en terceira división (ahora terceira federación) están sendo unha montaña rusa de emocións (con descenso e posterior ascenso incluído). A terceira división pasou de ser a cuarta a ser a quinta categoría do fútbol español despois do COVID. Polo Ourense de teceira división pasaron 3 presidentes (Modesto García, Ramón Dacosta e Fernando Currás) e 3 adestradores (Fernando Currás, Jorge de Dios e Borja Fernández).
Nas últimas dúas campañas o Ourense xogou o play off de ascenso a 2 RFEF quedando eliminado no primeiro ano polo Arosa e no segundo polo Gran Peña (naquel momento segundo filial do RC Celta). No seu ano número 11 o Ourense parte co obxectivo claro e declarado do ascenso de categoría.
Participaron no capítulo 4
- Fondo Vermello: Martín Rois e Miguel Gil analizan cómo foi sobre o terreo de xogo a cuarta tempada na historia da U.D. Ourense
- Yedra Seara: cóntanos a imaxe da cuarta tempada da historia no Ourense e no último tramo fálanos da súa experiencia nos campos da terceira división
- Modesto García Puga: fálanos do paso do Ourense á terceira división
- Oscar López: primeiro delegado na historia do Ourense
- Fernando Currás: adestrador do Ourense nos primeiros anos en terceira división e actual presidente vermello
Xogadores da U.D. Ourense celebran o primeiro ascenso do club vermello no seu primeiro ano de vida
Yedra Seara
No seu segundo ano de vida, a UD Ourense celebra o título de campión de Copa Deputación B
Yedra Seara
O Ourense celebra con parte da súa afección o ascenso á Preferente Galicia
Yedra Seara
Bricocentro coa U.D. Ourense no seu décimo aniversario
Onda Cero Ourense
A copa que recibiu o Ourense como primeiro clasificado na Preferente Galega o remate do partido co Atios
Yedra Seara
Primeira alineación do Ourense na terceira división no partido que os enfrentaba ó Ribadumia
Yedra Seara
A tribuna do Couto chea para un partido da U.D. Ourense
Yedra Seara
Atarazana coa décimo aniversario da Unión Deportiva Ourense
Onda Cero Ourense
O fútbol na tempada 2020-21 tamén foi especial para a Unión Deportiva Ourense
Yedra Seara
A festa do ascenso do Ourense en Meis á Terceira Federación
Yedra Seara
Afección vermella na previa do play off entre Arosa e Ourense
Yedra Seara
Xogadores do Ourense co seu adestrador, Borja Fernández, o rematar o partido de play off de ascenso co Gran Peña en Barreiro
Yedra Seara
Outros capítulos do especial aniversario da U.D. Ourense
👇