Na tempada 2017-18 o Ourense comenzaba a súa aventura fóra da provincia de Ourense na rexional preferente. Nesta tempada a U.D. Ourense mixturaba os seus partidos con equipos da provincia de Ourense e, a gran novidade, con equipos da provincia de Pontevedra que na súa grande maioría se converterían en os grandes rivais para acadas o cuarto ascenso consecutivo, para chegar á terceira división.
O Ourense cambiaba por primeira vez de adestrador (Fernando Currás sustituia a Antonio Dacosta) e chegaban históricos do último ano de CD Ourense como Pato Guillén, Pablo Corzo ou o último capitán vermello, Josu así cómo xogadores destacados que estaban no Barbadás (Alfredo, Germán, Oli ou Luis González) que estaba unha categoría por encima, a terceira división. O obxectivo era acadar o ascenso á primeira tentativa, costoulle ó Ourense pero conseguiuno nunha última xornada épica en Atios.
👇