Capítulo 10: "O futuro do Ourense"
O Ourense está instalado entre os principais equipos da terceira federación galega pero o seu lugar non está ahí. ¿Cómo será o futuro do Ourense?
O Ourense estalle costando sair deportivamente da 3ª RFEF pero o seu futuro está claramente lonxe de ahí.
O Ourense chegará onde queiran os seus afeccionados porque eles serán os que empuxarán tanto o equipo nos terreos de xogo como as empresas e institucións para apoiar un proxecto polo que apostaron moitos seguidores do fútbol en Ourense e que sen dúbida merecen vivir grandes experiencias en outras categorías.
Un equipo de fútbol nunca debería ter límite e, máis aínda, cando representa a unha cidade. CD Ourense é un exemplo do bo e o malo de ascender de categorías pero o gran fracaso de calquera club (ou de calquera institución ou persoa) é ser conformista. A evolución é sempre fundamental en calquera ámbito da vida, para a Unión Deportiva Ourense tamén.
Participaron no capítulo 10
- Fondo Vermello: Martín Rois e Miguel Gil analizan deportivamente a décima tempada na historia da U.D. Ourense
- Yedra Seara: ponlle imaxe a décima tempada do Ourense
- Antonio Dacosta: o primeiro adestrador vermello fálanos da evolución do Ourense e o futuro cos anos
- Modesto García: foi o primeiro presidente da U.D. Ourense e analiza o futuro
- Angel Muñoz: directivo nos primeiros anos de existencia do club fálanos do futuro
- Raul Rois: o delegado da federación galega de fútbol en Ourense nos conta cómo ve o club, os seus avances e o futuro
- Gabi Sanín: chegou a Ourense hai 5 anos para converterse nun ourensán mais
- Pablo Corzo: é o xogador con máis partidos na historia do club
- Oscar López: o primeiro delegado do Ourense presume de club vaia onde vais e analiza o futuro vermello
- Jorge de Dios: o ex adestrador do Ourense ten claro o futuro do club
- Borja Fernández: actual adestrador do Ourense
- Iago Soto: o xoven seguidor vermello soña con un gran futuro para o Ourense
- Javier Orbán: o actual directivo vermello é unha das persoas chaves no gran futuro que agarda ó Ourense
- Fernando Currás: o actual presidente do Ourense é consciente de que o club ten que dar un paso máis e ten bastante claro o camiño
- Moncho Barbosa: xerente dunha das empresas patrocinadoras do Ourense móstrase optimista con respecto ó futuro do club
Escoita o resto de capítulos do especial aniversario da Unión Deportiva Ourense
👇