O ecoloxista de Amigos da terra e Amigas das árbores, Xosé Santos felicitaba a Onda Cero no Dia Mundial do Medio Ambiente pola iniciativa "Luz Verde" e sinalaba que a loita contra o cambio climático debe ser unha constante diaria. Con Santos falamos dos "refuxios climáticos, da importancia das árbores e dos bosques" e recollemos consellos relacionados cos obxetivos da Unión Europea para "reducir a contaminación sendo responsables dos nosos actos."