Paco Sarria | Óscar Gómez
Ourense | 26.09.2024 13:27
Noelia Pérez voltou a insistir en que para chegar a unha alternativa de goberno hai que poñer sobre a mesa (PP, PSOE e BNG) os puntos en común, antes de falar de candidatos a unha moción de censura e que todo o demáis "é postureo".
Pérez explicou o posicionamento do seu partido en relación coa negativa de toda a oposición a aprobar a gran maioría das modificacións de creto que o grupo de goberno de Democracia Ourensana pretende aprobar no pleno do luns, pero tamén abordou outros asuntos de actualidade. Así dixo que prefiren ser prudentes e respetuosos coas decisións xudiciais en relación coa audios de Jácome e que en todo caso agardan que "acabe aflorando a verdade".
Tamén respostou ó BNG que acostuma a sinalar que o PP fixo Alcalde a Pérez Jácome, lembrando que no pleno de investidura os populares votaron ó seu propio candidato.
Asemade acusarou ós edís e asesored do PP de considera ó Concello como un "Cortijo particular".