Más de uno ourense

'No BNG demostran que odian máis ó PP que a Jácome' di o edil popular Jorge Pumar

A posibilidade dunha moción de censura no Concello de Ourense perdeu aire nos últimos días e dende o PP teñen claro que o BNG é o partido responsable.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

En Onda Cero o edil popular Jorge Pumar declarou que "no Bloque están demostrando odiar máis ó Partido Popular que a Jácome". Preguntado sobre si a moción de censura tiña posibilidades Pumar declarou que si era posible entenderse co PSOE por que non había liñas vermellas, anque non chegou a presentarse proposta algunha por escrito nin estiveron nomes sobre a mesa. "Non houbo negociación" engadíu.