Paco Sarria | Óscar Gómez
Ourense |
Seara declarou en Onda Cero que, a parte de sentirse "sorprendidos" por que a proposta lles chegue ó través dos medios de comunicación e non directamente, non tomarán en consideración esa posibilidade "ata que os socialistas non convenzan ó PP de romper con Jácome".
Luis Seara pasou por Más de Uno onde abordou tamén os motivos que levaron á convocatoria dun pleno extraordinaio no Concello, así como a situación da pechada Praza de Abastos, do termalismo, do CIMM ou as últimas xuntas de voceiros.