Noticias Mediodía Galicia 14/09/2018
A oposición emprega a bala de prata contra a política sanitaria do Goberno Feijoo. O regulamento do Parlamento de Galicia permite que unha vez por Lexislatura, e co consenso de todos os grupos parlamentarios da oposición, se poda constituir unha Comisión de Investigación na Cámara. BNG, En Marea e PSOE únese para investigar os recortes e as políticas de sanidade do Goberno do Partido Popular. Unhas políticas que cren están "causando sufrimento na poboación". A morte dunha persoa no PAC da Estrada "por falta de médico" ou a morte de doentes por Hepatite C por retraso nos fármacos, son as gotas que colmaron o vaso, según os tres grupos parlamentarios. O Partido Popular considera que esta Comisión está instigada polo alcalde de Vigo Abel Caballero para que non se fale do Marisquiño.